Conchita Wurst
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Thomas Neuwirth 6 de novembro de 1988 (35 anos) Gmunden (Austria) |
Outros nomes | Conchita Wurst Conchita Tom Neuwirth |
Cor dos ollos | Castaño |
Cor do pelo | Castaño escuro |
Actividade | |
Lugar de traballo | Austria |
Ocupación | cantante, presentador de televisión, cantante de pop, director de fotografía, modelo, drag queen, músico |
Período de actividade | 2006 - |
Xénero artístico | Música pop |
Tesitura | Lyric tenor (en) |
Instrumento | Clarinete e voz |
Selo discográfico | Sony Music Sony Music Entertainment Austria (pt) |
Participou en | |
10 de maio de 2014 | Festival de Eurovisión 2014 (1º) |
Premios | |
| |
Páxina web | conchitawurst.com |
Thomas "Tom" Neuwirth, máis coñecido polo seu personaxe, Conchita Wurst, nado o 6 de novembro de 1988, é un cantante austríaco. No papel de Conchita Wurst, representou a Austria no Festival de Eurovisión 2014, en Dinamarca, coa canción "Rise Like a Phoenix", gañando o concurso cun total de 290 puntos.
Biografía
[editar | editar a fonte]Antes de asumir o papel de Conchita, Tom Neuwirth participou no programa de talentos austríaco Starmania, no que quedou en segundo lugar, sendo superado por Nadine Beiler, representante de Austria en 2011. No ano 2007, fundou a boy band bandAnders Jetzt!, disolvéndose esta nese mesmo ano. Dende aquela adicouse a decorar escaparates.
Xa en 2011, Tom volveu á televisión baixo o nome e aparencia de Conchita Wurst (Wurst significa salchicha en alemán) dándolle así un xiro de 180º a súa imaxe, nun concurso de talentos chamado Die große Chance, onde quedou en 6º lugar. No ano 2012, presentouse á preselección austríaca para Eurovisión coa canción That´s What I Am, quedando finalmente segunda. Ao ano seguinte participou en distintos programas de telerealidade como Die härtesten Jobs Österreichs (Os traballos máis duros de Austria), onde traballou nunha piscifactoría, e en Wild Girls, onde un grupo de candidatos tivo que sobrevivir nos desertos de Namibia coa poboación nativa.
Aínda que Tom naceu en Austria, o personaxe de Conchita preséntase nas biografías como nada en Colombia.
Eurovisión 2014
[editar | editar a fonte]De forma interna, a ORF seleccionou a Conchita para representar a Austria no Festival de Eurovisión 2014, facéndose público en setembro de 2013 e xa en marzo de 2014 deuse a coñecer a canción "Rise like a Phoenix"[1], de corte clásico e similar ás bandas sonoras das películas de James Bond.
Austria nun primeiro momento non partía como favorita nas casas de apostas. Isto cambiou cando tras a súa actuación na 2ª semifinal do festival, ao gañala cun total 169 puntos. A partir dese momento, e nos dous días posteriores colocouse como unha das favoritas a conseguir a vitoria na Gran Final celebrada o 10 de maio, na cal gañou cun total de 290 puntos,[2] quedando en segundo lugar Holanda con 238 e en terceiro lugar Suecia con 218.
A súa participación no festival xerou unha gran polémica, xa que no seu propio país tras pasar catro días dende a súa elección 31.000 persoas seguían unha páxina no Facebook chamada "Anti-Wust"[3]. En outubro, o Ministerio de Información de Belarús recibiu uha petición dos cidadáns para que a emisora estatal BTRC non emitise a actuación de Wurst no Festival de Eurovisión. Nesta petición alegábase que Eurovisión se convertería "nun viveiro de sodomía". En decembro algo similar sucedeu en Rusia.
Discografía
[editar | editar a fonte]Sinxelos
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Posición nas listas de éxitos |
---|---|---|
AUT [4] | ||
2011 | "Unbreakable" | 32 |
2012 | "That's What I Am" | 12 |
2014 | "Rise Like a Phoenix" | 51 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ https://www.youtube.com/watch?v=ToqNa0rqUtY
- ↑ http://www.cromosomax.com/26207-conchita-wurst-ganadora-de-eurovision-2014
- ↑ http://wiwibloggs.com/2013/09/14/editorial-why-orf-must-stand-by-conchita-wurst/31701/
- ↑ Hung, Steffen. "Discographie Conchita Wurst". Austrian Charts Portal. Hung Medien (Steffen Hung).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Conchita Wurst |